A
maior parte das rutas literarias que hai na provincia de Ourense son
de creación recente. A máis antiga é a Ruta Específica Literaria,
un percorrido
polas placas que lembran as casas dos principais escritores que
naceron ou residiron na cidade de Ourense e
que xorde en 1997 (a Oficina de Turismo créase en 1996).
No
caso da Ruta Literaria Específica
do
Concello de Ourense, José Ramón Gómez (guía oficial) sinala que a
ruta
faise todo o ano. Actualmente realízase con grupos escolares ou con
grupos protocolarios que fan unha solicitude oficial o concello para
tal tipo de ruta.
Dado
que un dos primeiros grupos que solicitaban as visitas era o
profesorado dos cursos de iniciación e perfeccionamento de galego
como actividade complementaria, dende a Oficina de Turismo acordaron
crear unha ruta específica para estes grupos. Como a temática tamén
era axeitada para os escolares, a Área de Educación do Concello de
Ourense decidiu incluila no seu programa de visitas didácticas.
Esta
ruta litereraria non ten sinalización polo que se aproveitan as
placas existentes. A
cidade conta con edificios nos que viviron autores ilustres e moitos
deles teñen unha placa para recordar o vínculo entre personaxe e
edificio. Sería o que se coñece como unha patrimonialización
externa porque non se pode entrar a visitar a casa (Uccella, 2013:
55).
De feito, en Ourense hai cerca de medio centenar destas placas
(Casado Nieto, 1990: 167). Pero
non hai unha guía oficial que as sitúe, tan só un pequeno tríptico
que fai referencia á celebración das Letras Galegas e a algún dos
autores ourensáns.
Imaxe
1.-Folleto Ruta Literaria Específica
Tampouco
se empregan as novas tecnoloxías para promocionar este percorrido
polo que carece de guía en PDF, audioguía, APP ou web propia.
Dispón dun mapa literario que se comparte co do folleto informativo
da Ruta da Esmorga. Pola contra, a ruta si conta cun guía oficial, o
único do Concello de Ourense, pero o percorrido ofrécese dende o
ámbito educativo ao público escolar, carecendo dunha promoción
turística oficial.
Se
esta ruta se centran nun público escolar ou protocolario é porque
na cidade hai unha empresa de guías oficiais polo que o Concello
tenta non "inmiscuirse" na actividade privada, aínda que
dende a oficina informen das actividades relacionadas con estas
rutas.
Ante
a falta dun documento oficial que recolla esta ruta, hai a opción de
utilizar o itinerario que elaborou o historiador Fernando Román para
mostrar as casas de escritores que na cidade de Ourense contan cunha
placa e que, polo tanto, serve de base para a realización desta
ruta.
Táboa
1.-Ruta literaria polas casas dos escritores de Ourense
- RUTA LITERARIA POR OURENSENº.LOCALIZACIÓNAUTOR1.-Santo Domingo, 10-Santo Domingo, 17-Santo Domingo, 31-Santo Domingo, 39 (47)-Santo Domingo, 64-Florentino Cuevillas-Ángela Santamarina-Marcelo Marcías-Vicente Risco-Filomena Dato Muruais2.-Rúa da Paz, 21-Rúa da Paz, 26-Vicente Risco e Otero Pedrayo-Xaquín Lorenzo3.-Rúa Lepanto, 18-Rúa Lepanto, 27-Valentín Lamas Carvajal-Blanco Amor4.-Praza do Trigo, 1-Rey Soto5.-Praza Maior, 8-Praza Maior-Benito Fernández Alonso-Álvaro das Casas Blanco6.-Rúa Barreira, 4-Rúa Barreira, 8-Alberto García Ferreiro-Alexandre Bóveda7.-Museo Arqueolóxico, Praza Maior/Bispo Carrascosa-Xesús Ferro Couselo8.-Praza Imprenta, 6-Valentín de Nóvoa9.-Padre Feijóo, 12-Arturo Noguerol Buján10.-Rúa Hernán Cortés, 10-Hernán Cortés, 27-José García Mosquera e Filomena Dato Muruais-Valentín Lamas Carvajal11.-Rúa Cardenal Cisneros, 7 (4)-Juan Antonio Saco y Arce
Fonte:
elaboración propia a partir de Faro de Vigo (2012)
Ningún comentario:
Publicar un comentario