martes, 10 de novembro de 2015

Ruta da Esmorga

No ano 1997, colócanse as placas da Ruta da Esmorga (grazas ao Clube Cultural Alexandre Bóveda), ruta que pasa a incluírse na oferta do Concello de Ourense a partir de 1998 (a Oficina de Turismo créase en 1996).

Os espazos xeográficos que percorren os protagonistas (…) sitúanse no que daquela era o Ourense suburbial, entrando na parte fidalga e burguesa de xeito ocasional (Ourense Cultura, 2015). Para recordar estes espazos, en 1997, o Clube Cultural Alexandre Bóveda en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Ourense colocaron unha serie de placas, en total oito, recordando outros tantos escenarios da novela (Ourense, 2014). 
Follow Linguas Próximas's board Ruta d'A esmorga por Ourense on Pinterest.


Como xa se sinalou, o Roteiro da Esmorga ten un percorrido de placas que está apoiado nun folleto que se pode descargar dende a páxina do Concello de Ourense en PDF, con información sobre a ruta e o seu mapa. Xunto ao documento en PDF, na Oficina de Turismo pódese adquirir un tríptico no que se sinala o percorrido polas rúas da cidade.

                                                          Figura 1.-Tríptico do Roteiro

                                                              Figura 2.- Mapa da ruta

Hoxe en día, a ruta volve estar de actualidade grazas á película do mesmo título de Ignacio Villar. Tamén se desenvolveu unha APP que permite “unha visita autoguiada por ese roteiro, vendo as placas, lembrando no camiño algúns fragmentos do libro, saboreando a súa lingua arcaica e complexa, e comentando a historia dos lugares recreados nos que suceden as cousas” (Rutea, 2014).

 Esta ruta naceu coa intención de facer unha homenaxe dinámica a Blanco Amor, pero tamén para potenciar a idea de Ourense como cidade literaria, ademais de fomentar un recurso cultural e turístico de combinación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario