venres, 6 de novembro de 2015

Turismo literario en Galicia

De Ourense son algúns dos escritores máis importantes da literatura galega do século XIX e XX, aqueles que recuperan a esencia de Galicia cando máis esquecida estaba. Son estes autores os que tecen, palabra a palabra, a imaxe consolidada da vella Auria, da urbe que no seu momento se coñeceu como a Atenas galega.

Hoxe en día, a literatura galega conta cunha meirande presenza no mercado nacional e internacional grazas ao papel das traducións, feito que nos permite chegar a un maior público. Dentro do ámbito literario, cómpre destacar o interese que pode espertar a literatura nunha lingua minorizada.

O novedoso nestes momentos en que o turismo se converteu nunha industria importante é que os concellos, as deputacións, os departamentos de cultura, os ministerios, así como diferentes empresas privadas, descubriron que estas viaxes poden ser de interese para un tipo de turista e estanas a potenciar. Escríbense libros que recompilan rutas literarias e aparecen artigos en revistas especializadas. Iso vén unido a outro fenómeno que tamén é novo: cada vez hai máis lectores desexosos de prolongar o pracer da lectura con actividades que van máis alá do libro (Arana Palacios, 2013: 23).

                                                           Figura 1.-Mapa de rutas literarias
                                           
Fonte: http://www.aelg.org/ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario