No xeodestino Allariz, dende a
Fundación Vicente Risco existe a intención de dinamizar a
actividade cultural da vila con diferentes iniciativas. Unha delas é
“Poetas na corte d'el Rei Sabio” que levou ata a vila alaricana a
poetas como o xaponés Yasuhiro Yotsumoto. Outras actividades procuran o contacto co norte de Portugal,
como o proxecto “Cultura que Une” coa vila lusa de Amarante. A
Fundación conta co apoio de diversas institucións públicas, pero
tamén dispón de mecenas entre empresas privadas e, especialmente,
os negocios da vila de Allariz cos que a miúdo promove actividades
(E4).
Por outra banda, o Inorde propón
a Ruta Afonso X que, en realidade, non
está especialmente vinculada á literatura a pesar de levar o nome
do rei Sabio (Turismo Ourense, 2012). Nela, aparece mencionada a
figura de Manuel Romasanta, personaxe sobre o que investigou Vicente
Risco e sobre o que se organizan unhas xornadas anuais na Fundación
Risco. Esta historia foi novelada polo
alaricano Alfredo Conde, levada ao cine e conta con varios estudos
dende diversos ámbitos. Pepe Domínguez escribiu un libro sobre este
tema e desenvolveu unha ruta que se promovía dende a Aldea Rural
Couso-Galán. O itinerario desenvólvese polo Macizo Central, na
serra de San Mamede.
En
Allariz (E4), ante a práctica inexistencia de redes de traballo coa cidade,
estanse a realizar estudos para posibles colaboracións co norte de
Portugal, en concreto coa empresa Ponto
por Ponto que
xa desenvolveu a Rota dos Escritores. Autores como Eça de Queiroz,
Teixeira Pascoaes, Miguel de Torga e Camilo Castelo Branco son os
protagonista desta ruta que percorre as terras de Trás-os-Montes e
as casas-museo destes ilustres portugueses. Ademais, a Fundación
desenvolve programas conxuntos coa vila de Amarante e difunde as súas
actividades a través da súa web e redes sociais.
Fonte: http://www.fundacionvicenterisco.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario